Sede electrónica Concello de Rois

03:18:13 Xoves 5 de decembro 2024
Estás en:

Sobre a sede

Rexistro telemático

Rexistro telemático

O rexistro telemático é a canle electrónica do Rexistro Xeral do Concello e permite a presentación de escritos, solicitudes e comunicacións relativas aos trámites municipais. O seu uso é alternativo á presentación nas oficinas municipais de rexistro.

Este servizo está operativo as 24 horas do día, durante todos os días do ano, exceptuando as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas.

Acceso ao rexistro telemático


Todos os trámites incluídos no Catálogo de servizos acceden automaticamente ao rexistro telemático. Acceda aos trámites con rexistro electrónico dispoñible no Catálogo de servizos.

Para presentar no rexistro telemático outros escritos, solicitudes ou comunicacións relacionadas con calquera outro trámite ou procedemento, debe empregar a Solicitude xeral. Accesa á Solicitude xeral para a súa presentación por rexistro telemático.

Identificación de acceso

Para poder realizar a presentación telemática de escritos, solicitudes ou comunicacións, é necesario identicarse a través do sistema cl@ve.

Outras canles alternativas ao rexistro electrónico

Se desexa realizar o seu trámite de forma presencial, pode acudir ás oficinas municipais correspondentes.

Outra opción é a presentación a través do Rexistro Electrónico Común (REC): https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do